AVALIANDO O NOSO TRABALLO

Comprendendo a importancia do traballo colaborativo.

A IMPORTANCIA DO TRABALLO COLABORATIVO



EU FAGO O MELLOR QUE PODO



Este traballo que estamos facendo é un traballo colaborativo

no que cada un da o mellor de si mesmo ou de si mesma

e axuda ás demais persoas tamén a dar o mellor.



Ás veces temos que sacrificar un interese persoal polo ben común. Pero se ves as cousas coa mirada do desenvolvemento sustentable daraste conta de que merece a pena.

Por iso é moi importante que avaliemos o noso traballo, para saber se sabemos colaborar ou aínda temos cousas que aprender.


No seguinte apartado tes unha rúbrica.



Unha rúbrica é un xeito de avaliar a túa colaboración. Está dividida en varios aspectos:
  • Calidade do traballo.
  • Contribucións.
  • Concentración no traballo.
  • Traballando con outros.
  • Resolución de problemas.
En cada un destes aspectos hai unhas indicacións de calidade distinta, e cada unha ten unha puntuación.

A avaliación do teu traballo vaise facer segundo esta rúbrica, por iso é moi importante que a leas, a comprendas ben, e a teñas presente para orientar o teu traballo.

Podes preguntar todas as dúbidas que teñas, porque é moi importante que a comprendas ben.