Probabilidade
Resumo de teoría de probabilidade e exercicios resoltos.
Gráfico de conxuntos
Imaxina que na clase de matemáticas un 30% dos estudantes xoga a xadrez, un 50% xoga a parchís e un 20% xoga a xadrez e tamén a parchís.
Resulta bastante aceptable que se escollemos un estudante ao chou, a probabilidade de que xogue a xadrez sexa 30%; xa que esta é a proporción de estudantes que gostan do xadrez.
Se escollemos un estudante ao chou, cal é a probabilidade de que xogue o xadrez ou o parchís?, neste caso necesitamos usar a fórmula da probabilidade total:
Recorda que
Neste caso resulta moi útil o gráfico de conxuntos (chamado diagrama de Venn), no que representamos os conxuntos do problema e colocamos as cantidades correspondentes.
Agora, coñecendo a porcentaxe que representa cada parte disxunta, xa podemos responder, doadamente, calquera cuestión.
Que porcentaxe da clase xoga somentes a un dos dous xogos? Ou, dito doutro modo: se escollo a un estudante ao azar, cal é a probabilidade de que so xogue a un dos xogos?.