Probabilidade

Resumo de teoría de probabilidade e exercicios resoltos.

Gráfico de conxuntos

Imaxina que na clase de matemáticas un 30% dos estudantes xoga a xadrez, un  50% xoga a parchís e un 20% xoga a xadrez e tamén a parchís.

Resulta bastante aceptable que se escollemos un estudante ao chou, a probabilidade de que xogue a xadrez sexa 30%; xa que esta é a proporción de estudantes que gostan do xadrez.

Se escollemos un estudante ao chou, cal é a probabilidade de que xogue o xadrez ou o parchís?, neste caso necesitamos usar a fórmula da probabilidade total:

Recorda que

Neste caso resulta moi útil o gráfico de conxuntos (chamado diagrama de Venn), no que representamos os conxuntos do problema e colocamos as cantidades correspondentes.

Agora, coñecendo a porcentaxe que representa cada parte disxunta, xa podemos responder, doadamente, calquera cuestión.

Que porcentaxe da clase xoga somentes a un dos dous xogos? Ou, dito doutro modo: se escollo a un estudante ao azar, cal é a probabilidade de que so xogue a un dos xogos?.