Diagrama de árbore

Imaxina que lanzo dúas moedas.Cal é o espazo mostral? Ou, dito doutro xeito: cales son os  resultados que podo obter?

Aos experimentos coma este, nos que facemos varios sorteos,  chamámolos experimentos compostos.

Este é o espacio mostral E= {(CARA, CARA),(CARA,CRUZ),(CRUZ,CARA),(CRUZ,CRUZ)}. Aquí, os resultados son pares xa que lanzamos dúas moedas.

Resulta especialmente útil facer unha árbore para analizar os posibles resultados. En cada rama da árbore poñemos a súa probabilidade.

Agora para calcular a probabilidade dun suceso elemental(resultado do experimento composto), chega con multiplicar a probabilidade das súas ramas na árbore.

Por exemplo:

Este mesmo resultado obtémolos coa fórmula de Laplace:

Cal será a probabildade de obter unha cara polo menos?

Neste caso podemos utilizar o suceso contrario, xa que resulta moi práctico:

Tarefa: Calcula doutro xeito a probabilidade anterior (podes usar a fórmula de Laplace).