Podemos crear novos sucesos combinando sucesos elementais, para iso usaremos operacións lóxicas.

As palabras clave son E, OU e NON.

Dados dous sucesos  A e B, definimos os seguintes sucesos:

A unión B (A OU B): suceso consistente en que ocurre o suceso A OU ocorre o suceso B (OU os dous ocorren)

A intersección B (A E B): suceso consistente en que ocorre o suceso A e tamén o suceso B.

Suceso contrario NON A: suceso consistente en que ocorre calquer cousa menos A (non ocorre A).

Se de novo tiramos un dado, podemos pensar no suceso P="sae par" como a unión dos sucesos A2="sae un 2", A4=" sae un 4", A6=" sae un 6".

A forma de expresalo sería: A =A1 OU A2 OU A3,

Como ves existen diferentes formas de chamarlle aos sucesos, básicamente son tres:

  • Póñense entre comiñas cando explicamos literalmente en que consiste o suceso.
  • Poñense entre chaves cando usamos o resultado suceso {2,4,6}
  • Denótanse por unha letra ou varias letras que recorden o que pasa suceso P ="sae par".

O suceso contrario tamén e moi útil para expresar (e calcular a probabilidade) dalgúns sucesos, por exemplo:

o suceso B={2,3,4,5,6} pódese pensar como Non C, sendo C={1}