UD 9: A DITADURA FRANQUISTA E A TRANSICIÓN
1. Introdución
A vitoria do bando franquista na Guerra Civil supón o inicio dunha longa ditadura que durará case corenta anos. Francisco Franco (na imaxe, un retrato dos anos 60) establecerá un sistema no que todo o poder estará concentrado na súa figura, empregando diversos apoios entre os que destacan o exército e a Igrexa católica.
Trala morte do ditador en 1975, terá lugar un complexo proceso de cambio dun sistema ditatorial a unha democracia que culminará na Constitución de 1978 e que deixará como materia pendente a atención á represión franquista durante a guerra e a ditadura.