Etapas
Breve explicación das etapas de resolución de problemas de George Polya.
4. Reflexionar
Unha vez executamos o plan cómpre reflexionar sobre o que fixemos e comprobar se o problema está resolto.
Wikimedia Comons, public domain
Esta etapa é crucial se queres aprender a resolver problemas.
Trátase de reflexionar ata entender perfectamente que fixemos e por que.
Para iso é necesario:
- Verificar a solución, de ser posible, por un camiño diferente.
- Preguntarnos que pasaría se cambiamos algún dos datos do problema.
- Tratar de comprender que tipo de problemas se poden resolver facendo razoamentos análogos.
- Tratar de xeneralizar a solución para problemas máis complexos.