3. A II República (1931-1936)

3.4. O goberno da Fronte Popular (1936)

As eleccións de febreiro de 1936 caracterízanse por unha enorme polarización:

  • As forzas republicanas de esquerda, socialistas, nacionalistas cataláns e galegos e comunistas apoiaron a creación dunha alianza electoral, a Fronte Popular, á que mesmo a CNT recomendou votar.
  • As forzas de dereita e os conservadores (CEDA, monárquicos, carlistas, falanxistas) non ofreceron un bloque unido, se ben o partido maioritario era con claridade a CEDA, que nalgunhas provincias conseguira artellar unha fronte conservadora baixo o nome de Fronte Nacional Contrarrevolucionaria.

Os resultados foron a vitoria da Fronte Popular por unha estreita marxe de votos , sen ben cunha ampla maioría de parlamentarios no Congreso pola lei electoral vixente.

Manuel Azaña volveSantiago Casares Quirogau á presidencia do goberno e as súas primeiras medidas foron decretar unha amnistía de presos políticos, restablecer o goberno da Generalitat en Cataluña e retomar a política reformista, especialmente a reforma agraria e educativa.

A inestabilidade e o clima de tensión acentuáronse nestas primeiras semanas de goberno da Fronte Popular. Alcalá-Zamora foi destituído polo Congreso e, en maio, Azaña é elixido presidente da República, con Santiago Casares Quiroga (na imaxe) como novo presidente do goberno. A reactivación da política reformista e o clima de violencia e tensión nas rúas favoreceu as conspiracións militares, apoiadas polas elites económicas e por políticos conservadores, para derrocar ao goberno e á República.

En xullo de 1936 o asasinato, por parte de falanxistas, do garda de asalto José del Castillo e a posterior resposta dun grupo de gardas de asalto e militantes socialistas asasinando ao líder monárquico José Calvo Sotelo constitúen o detonante do golpe de Estado, iniciado en Melilla o día 17 dese mes. O golpe fracasaría como tal, pero daría lugar á Guerra Civil e, consecuentemente, ao comezo da fin da República e da democracia en España.

Reparto de escanos 1936


NOTA ARGUMENTA

  • Distingue as causas profundas e o detonante do golpe de Estado de xullo de 1936.