Etapas
Breve explicación das etapas de resolución de problemas de George Polya.
1. Entender o problema
publicdomainvectors.org, Public domain
Para iso terás que:
- Imaxinar a situación.
- Detectar as cantidades que interveñen no problema.
- Facer un debuxo ou esquema que te axude a visualizar dita situación.
- Facer tenteos numéricos para dar coas relacións entre as variables.
- Recordar se liches algún problema semellante que xa entenderas.
Non te quedes soamente coa primeira impresión. No seguinte enlace atoparás ilusións ópticas que poñen de relevo que ás veces a primeira impresión resulta ser totalmente falsa.