7. A cidade derivada da Revolución Industrial

 

Ancoats (suburbio industrial Manchester)Ancoats (suburbio industrial de Manchester)

A industrialización tivo como unha das consecuencias máis salientables o protagonismo crecente do mundo urbano. O éxodo rural e o dinamismo demográfico dos séculos XVIII e XIX fixeron que a poboación urbana non deixase de aumentar. Nun primeiro momento, o crecemento das cidades tivo lugar sen ningún tipo de planificación. Os barrios obreiros medraron preto das fábricas, con vivendas pequenas, mal ventiladas e insuficientemente iluminadas. Ademais, a carencia de servizos básicos como a auga corrente ou os sumidoiros xerou enormes contrastes entre estes barrios e os lugares nos que habitaba a burguesía, que foron os que primeiro gozaron de innovacións como o alumeado, a rede de aguas residuais e auga potable ou o pavimentado das rúas. Os espazos urbanos da burguesía serán, pois, os grandes bulevares adicados ao ocio e á interacción social, coa presenza de cafés, teatros ou establecementos comerciais.

Pola contra, os barrios obreiros quedarán á marxe das melloras anteriores, convertidos en auténticas periferias nas que o proletariado vivía en condicións insalubres que mesmo darán lugar ao fenómeno coñecido como urban penalty, que implica o ascenso da mortalidade e o descenso da esperanza de vida nos suburbios obreiros do século XIX.

A avenida da Ópera, de Camille Pisarro (1898)Camille Pisarro: A avenida da Ópera de París  (1898)

Ao longo do século XIX as grandes urbes foron medrando en número e poboación, destacando neste sentido en Europa cidades como París, Londres ou Berlín.


NOTA INVESTIGA

  • Investiga e anota unha breve explicación de cal é a relación das seguintes figuras históricas coas cidades do século XIX: Haussman, Ildefonso Cerdà, Arturo Soria, Emilio García Olloqui. Anota as fontes consultadas.