1. 1.- Introdución

Fábrica téxtil no século XIX

A Revolución Industrial é o proceso iniciado no século XVIII en Inglaterra que supuxo unha das transformacións máis profundas da historia da humanidade: dunhas formas de vida baseadas fundamentalmente nas actividades agropecuarias e no mundo rural, con presenza en segundo plano das actividades artesanais e comerciais, pasouse a unha nova situación na que os fundamentos económicos serán a industria e a mecanización de todas as actividades económicas. Paralelamente, terá lugar un auxe do mundo urbano e un progresivo declive do mundo rural.

Tralo seu inicio no territorio inglés, a partir do século XIX a Revolución Industrial estenderase polo mundo, se ben dun xeito desigual. As zonas que experimentarán un grande impacto da industrialización serán Europa, EUA e Xapón.

A Revolución Industrial foi relativamente rápida, implantándose en escasamente un século. A súa importancia é comparable á da denominada revolución neolítica.

Cadro sobre a Revolución Industrial

 


NOTA ARGUMENTA

  • Explica o sentido desta frase: A importancia da Revolución Industrial é comparable á da denominada "revolución neolítica".