2. As bases ideolóxicas das revolucións: liberalismo e nacionalismos

O liberalismo e os nacionalismos son dúas das ideoloxías cunha pegada más fonda e maior influenza ao longo da Idade Contemporánea e na actualidade. As dúas configúranse orixinariamente en oposición ao Antigo Réxime desde dous puntos de vista diferentes:

  • liberalismo porque supón poñer en cuestión o absolutismo e a sociedade estamental.
  • Os nacionalismos porque cuestionan a estrutura territorial dos Estados da Idade Moderna, que eran patrimonio dos monarcas, ben baixo a forma de Coroas formadas por territorios heteroxéneos ou ben baixo a forma de territorios con trazos comúns divididos en distintas entidades políticas. Un exemplo deste último caso son os territorios alemáns do Sacro Imperio Romano Xermánico, do que podes ver na imaxe a súa extensión a finais do século XVIII.

mapa do Sacro Imperio 1789Mapa do Sacro Imperio en 1789