Introdución

Treboada antiga co gaiteiro de barquín Benito Moure. Wikimedia. (Dominio público)

Aínda que empregamos ambas as dúas palabras coma se fosen sinónimos, danza e baile non son o mesmo. Unha danza ten uns pasos e unha coreografía fixos vinculados a unha melodía propia; non se improvisa. Faise nunha data concreta, cun vestiario prefixado e pode ir acompañada de espadas, paus ou arcos. Daquela, é unha creación ríxida que se repite cada vez sen variacións. O baile é unha creación espontánea, para un momento de diversión e entretemento, e sempre é diferente. Consiste en aplicar uns pasos de acordo co ritmo que soa; normalmente unha persoa presenta (saca ou bota) un paso, que trae ensaiado ou que vai improvisando. De seguido o resto do grupo ten que imitalo.

Falamos de cando o baile está vivo, na sociedade tradicional que practicaba nas festas e outras xuntanzas sociais. Hoxe, o habitual é que un grupo presente un baile estandarizado cun puntos previamente coñecidos e ensaiados, representativos da zona onde se recolleu o baile.

Etiquetas: