Que é? I

Nos primeiros anos de vida vaise formando a nosa personalidade e enchoupámonos da cultura na que nos criamos. A nosa cultura ten tamén unha gran variedade de cantos cos que a familia vai acollendo ao bebé, mentres o arrola ou o acariña; mesmo antes de nacer xa a nai comeza con esta iniciación musical.  Despois vanlle ensinando melodías sinxelas coas que aprende a lingua, os ritmos e a música, que vai interiorizando.

arrolo (canto ou canción de berce, de rolo ou anaina) é un xénero musical coa finalidade de adormentar a nenas e nenos. Consta dunha letra sinxela, ás veces con anacos onomatopeicos e vocálicos (ea, ea, e...; ro, ro, ro...) e unha execución musical uniforme e tranquila para inducir o sono mentres se arrola o bebé no berce ou no colo. Daquela, o ambiente e o movemento cíclico determinan o ritmo da melodía.

Á parte dos arrolos, hai outras cancións infantís e recitados que serven para entreter os pequenos, ás veces dándolles unhas fregas na barriga, contándolles os dedos das mans, facéndolles o trote do cabalo sentados na perna ou para que aprendan a falar e repitan a letra da canción.

Hai xogos rítmicos sen melodía, que se van recitando:

Ás veces cántanse os arrolos con melodías e métrica de xotas ou muiñeiras. Tamén se pode recitar cun ritmo de muiñeira:

É habitual que sexa unha melodía de poucas notas e que acaben cunha liña melódica descendente:

CPG, vol.VI, t.I

Retrato de nenos con traxes tradicionais galegos (1874). Antonio Eulaty. Galiciana. Dominio público

 

Cuns aniños van aprendendo os encadeados e contos ou cancións enumerativas e acumulativas, que axudan a desenvolver a memoria, coma esta:

          

Recollida en Meira, San Martín de Lúa. D.Schubarth e A. Santamarina: Cancioneiro galego de tradición oral (p.68)

Cando xa teñen uns anos, nenas e nenos xogan entre eles e acompañan aos maiores aos traballos ou ás festas. Antigamente, nestas xuntanzas facíanse algúns xogos de baile só para a rapazada ou engadíanse moitas veces os maiores.

Adoitan ser bailes de roda nos que hai que cantar ao mesmo tempo. Nalgúns hai que buscar axiña unha parella e cámbiase cada pouco e noutros báilase o agarrado.

Moitos recolléronse no sur da provincia de Pontevedra.