Folla de ruta xeral do curso.

Nesta fola de ruta describense os obxectivos e a estructura docurso, así como e as actividades que deberán realizar os/as participantes para poder superalo.

2. Estrutura

O curso está organizado ao redor de 3 bloques:

  • Bloque I : Marco teórico e legal da mediación escolar. Nel os/as participantes coñecerán as razóns teóricas e a lexislación europea, estatal e autonómica que nos últimos anos apareceu co obxectivo de responder á preocupación social polo aumento da conflitividade nas aulas. 
  • Bloque II: Fases de implantación dun servicio de mediación. Nel analizan as actuacións a seguir para crear un servizo de mediación escolar: análise da convivencia, sensibilización da comunidade educativa, integración do servizo de mediación nos plans dos centros, selección e formación do equipo mediador, e a coordinación, seguimento e avaliación do servizo.
  • Bloque III: Recursos e material necesario para o servicio. Neste último, ofreceremos un amplo banco de materiais e recursos, incidindo moi especialmente no desenvolvemento da competencia do profesorado para valoralos, contextualizalos no seu contorno e crear outros novos.