CADERNO DE TRABALLO. O NOSO PROXECTO

Sitio: Aula virtual do espazoAbalar
Curso: Mans á obra!
Libro: CADERNO DE TRABALLO. O NOSO PROXECTO
Impreso por: Usuario convidado
Data: domingo, 24 de novembro de 2024, 11:15 AM

Descrición

Neste caderno atoparás as indicacións para organizar a construcción da nosa horta.

DO DESEÑO Á REALIDADE


Agora que temos un marabilloso deseño da nosa horta chega un momento moi divertido: ¡a construción da horta!

Pasaremos do mundo das ideas ó mundo da realidade.

Para isto necesitamos facer uha programación. Imos paso por paso como se fai.




1º ¿QUE HAI QUE FACER?

Vendo o estado do terreo onde imos construír a horta e vendo o noso deseño o primeiro paso é facer unha lista de todas as accións que hai que facer. Primeiro dun xeito desordenado. Despois hai que poñelas en orde, que hai que facer primeiro e que hai que facer despois.

Esta lista ten que estar moi ben feita para facilitar o noso traballo.




2º ¿QUEN VAI FACER CADA COUSA?

Agora que temos a lista de traballos hai que distribuílos. O mellor é facer pequenos grupos responsables de cada cousa. É unha distribución do traballo.

Cada grupo vai a responsabilizarse de COMO facer o que lle toca, coa axuda do profesor ou profesora.





3º ¿CANDO IMOS FACELO?

Precisamos facer un cálculo de canto tempo nos vai levar cada unha das accións. Tamén ter en conta que algunhas non se poden empezar ata que outras estean rematadas.

Despois imos poñelo nun calendario. Así saberemos cando temos que empezar algo e temos unha previsión de cando debería estar rematado.





4º  A CARTA GANTT

Por último imos representar o QUE, o QUEN e o CANDO nunha gráfica. É o que se chama Carta Gantt. Imos imprimila e imos poñela nun lugar ben visible da clase para facer o seguimento do noso traballo.




5º A MEMORIA ECONÓMICA

Facer unha horta implica unha inversión de diñeiro. Hai que comprar algúns materiais de construción e ferramentas para os traballos agrícolas.

Temos que saber de cuanto diñeiro dispoñemos, é o que se chama un presuposto. Logo hai que facer unha lista dos materiais que temos e ver os prezos que teñen. En función do presuposto poderemos escoller que comprar e, se é posible, recorrer a materiais reciclados.




Unha vez feito todo isto ¡podemos comezar! Temos a nosa Carta Gantt que nos vai orientar sobre qué facer, cando facelo e quen o vai facer.

A CARTA GANTT


A continuación tedes un exemplo de carta Gantt.

Vos tedes que facer a vosa tendo en conta o número de grupos os elementos e os pasos e traballos necesarios para a construcción da horta.

Para elo tedes un arquivo que podedes descargar na páxina principal do tema.






CARTA DE GANT