CADERNO DE TRABALLO. O NOSO PROXECTO
DO DESEÑO Á REALIDADE
Pasaremos do mundo das ideas ó mundo da realidade.
Para isto necesitamos facer uha programación. Imos paso por paso como se fai.
1º ¿QUE HAI QUE FACER?
Vendo o estado do terreo onde imos construír a horta e vendo o noso deseño o primeiro paso é facer unha lista de todas as accións que hai que facer. Primeiro dun xeito desordenado. Despois hai que poñelas en orde, que hai que facer primeiro e que hai que facer despois.
Esta lista ten que estar moi ben feita para facilitar o noso traballo.
2º ¿QUEN VAI FACER CADA COUSA?
Agora que temos a lista de traballos hai que distribuílos. O mellor é facer pequenos grupos responsables de cada cousa. É unha distribución do traballo.
Cada grupo vai a responsabilizarse de COMO facer o que lle toca, coa axuda do profesor ou profesora.
3º ¿CANDO IMOS FACELO?
Precisamos facer un cálculo de canto tempo nos vai levar cada unha das accións. Tamén ter en conta que algunhas non se poden empezar ata que outras estean rematadas.
Despois imos poñelo nun calendario. Así saberemos cando temos que empezar algo e temos unha previsión de cando debería estar rematado.
4º A CARTA GANTT
Por último imos representar o QUE, o QUEN e o CANDO nunha gráfica. É o que se chama Carta Gantt. Imos imprimila e imos poñela nun lugar ben visible da clase para facer o seguimento do noso traballo.
5º A MEMORIA ECONÓMICA
Facer unha horta implica unha inversión de diñeiro. Hai que comprar algúns materiais de construción e ferramentas para os traballos agrícolas.
Temos que saber de cuanto diñeiro dispoñemos, é o que se chama un presuposto. Logo hai que facer unha lista dos materiais que temos e ver os prezos que teñen. En función do presuposto poderemos escoller que comprar e, se é posible, recorrer a materiais reciclados.
Unha vez feito todo isto ¡podemos comezar! Temos a nosa Carta Gantt que nos vai orientar sobre qué facer, cando facelo e quen o vai facer.