UD 7: A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

3. As fases da guerra

3.2. O ano clave da guerra: 1941

En 1941 as potencias do Eixo gozaban dunha posición de clara vantaxe na guerra: en Europa, Alemaña e Italia controlaban directamente o continente, coa excepción de Gran Bretaña; en Asia, Xapón vencía na súa guerra contra China e controlaba os seus principais centros económicos, ademais de que comezara a súa expansión polos arquipélagos do Pacífico.conquista de smolensk xullo 1941

Pero en 1941 terán lugar dúas ofensivas que marcarán o punto de inflexión na guerra:

  • Alemaña comeza, malia o pacto de non agresión, a invasión da URSS, inimiga ideolóxica do nazismo polo seu comunismo. Os rápidos avances da Wehrmacht (na imaxe da dereita pode verse a conquista de Smolensk en xullo de 1941) facían pensar nunha vitoria inminente coma na fronte occidental, pero esta non se produciu grazas á resistencia soviética.
  • Xapón ataca a base naval estadounidense de Pearl Harbor, provocando a entrada na guerra dos EUA. Os iniciais avances xaponeses serán contrarrestados polo exército estadounidense, quen tamén actuará na fronte europea.

A entrada da URSS e dos Estados Unidos na guerra no bando dos Aliados fronte ás potencias do Eixo influirá decisivamente na contenda e cambiará a súa evolución. Comezaba o principio da derrota do Eixo.

Ataque sobre Pearl Harbor

 


NOTA INVESTIGA

  • Busca información sobre a invasión alemá da URSS: Como se denominou o plan de invasión alemán? Cando comeza a invasión? Tendo en conta que a toma de Smolensk que recolle a imaxe é de xullo se 1941, como podemos cualificar o avance alemán? Anota as fontes consultadas.