UNIDADE DIDÁCTICA 2: AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS

5. Arte: O tres de maio en Madrid

3 de maio (Goya)

A obra O tres de maio en Madrid ou Os fusilamentos do tres de maio (1814) é unha pintura de Francisco de Goya que recolle os sucesos que supoñen o detonante da Guerra da Independencia: a revolta popular do dous de maio e a súa feroz represión por parte do exército francés.

A composición da obra caracterízase por un equilibrio matizado pola posición dos brazos da figura principal, quen recibe ademais toda a luz. O anonimato dos executados subliña o carácter popular da oposición á invasión francesa. De xeito complementario, os soldados franceses aparecen  sen rostros que os individualicen e na mesma posición, facéndoos máquinas de matar deshumanizadas.

A exaltación patriótica e a forte carga sentimental da obra sitúana dentro do Romanticismo pictórico.


NOTA INVESTIGA

  • A obra O tres de maio en Madrid converteuse nun símbolo de exaltación nacional e de patriotismo. Porén, Goya plasmou o tema da Guerra da Independencia desde outra óptica na súa serie de gravados coñecida como os Desastres da Guerra. Tras informarte neste enlace escribe unha redacción de arredor de 25 liñas na que presentes as dúas olladas coas que Goya contempla a guerra na súa obra. Deberás incluír no teu traballo a imaxe do cadro O tres de maio en Madrid e unha dos gravados dos Desastres, empregando imaxes con licenza creative commons ou de dominio público que podes atopar aquí. Atoparás o modelo para facer o traballo no apartado "Tarefas" desta unidade, xunto co enlace para a entrega en liña.