ANM 8. O baile solto II: a xota

Introdución

 Bailando a xota, 1959. Ponte... Nas Ondas. Flickr. CC BY-2.0

A xota é un ritmo que se recolle por toda a Península e algúns estudos indican que a súa orixe está en Valencia. A orixe do nome está ou no catalán de Valencia antigo ou no mozárabe, onde significaba chimpo ou salto.

Estendeuse pola Península Ibérica no s.XIX con moito éxito, destacando a jota aragonesa, a navarra-rioxana, a castelá, a montañesa de Cantabria e a isa canaria.