Actividade 5.3. Tempo
ACTIVIDADE 5.3. Tempo
Como ocorre en toda estrutura narrativa, no caso do cine tamén existe unha liña temporal que presenta os feitos de xeito lineal (a historia tal e como se nos conta) e un espazo temporal de fondo (a hstoria segundo vai desde o inicio ata o seu remate).
No caso desta película, a liña temporal non é continua senón que se ve alterada con continuos saltos ao pasado, que aumentan co avance da película. A liña do presente ocorre nun día; a do pasado, nun tempo indeterminado. En canto ao espazo temporal da historia, este abarca un espazo de catro anos, desde o momento en que ocorren os feitos traumáticos ata o presente.
Como che afecta como espectador esta construción narrativa? Que significados che transmite? Xustifícao identificando secuencias concretas.