Tarefa final do módulo 3. Identificación das emocións

Cabeceira limpa


Para rematar esta parte, o alumnado debe facer unha caracterización dos personaxes do filme. En grupos de 2/3 alumnos, cada grupo debe seleccionar un personaxe, empatizar coa situación que vive e presentarse ao resto da clase. Para a construción do personaxe podedes seguir este guión:

  • quen son?
  • como estou?
  • como reacciono ante os meus problemas?
  • por que estou así?
  • quen entende o que me pasa?
  • quen me axuda a solucionar os meus problemas?
NOTA: No caso de utilizar a unidade na vosa aula virtual propia, se tendes un arquivo co produto da tarefa débese subir nesta sección ou indicar a dirección URL na que está situado.

Como no caso da tarefa final do módulo 2, o produto pode ter calquera formato:

  • presentación con apoio multimedia (Impress, Prezi etc.)
  • visual (imaxe)
  • audiovisual (vídeo)
  • multimedia (cartel en Glogster)
  • outros formatos non dixitais ou dixitais