Actividade 3.2. Alfabetización emocional
ACTIVIDADE 3.1. Alfabetización emocional
Fíxate ben nos personaxes e intenta entender as sensacións e as emocións polas que pasan ao longo da película: ameaza, culpa, dó, illamento, incomprensión, ira, pea, presión... Podedes repartir as secuencias por grupos e, logo, comentar as respostas en gran grupo.- Secuencia 2: estado de ánimo de Vítor
- Secuencia 3: actitude de Adela cara ao fillo
- Secuencia 4: actitude de Xabier coa nai
- Secuencia 5: Camareiro: "vai tomar algo máis a señorita?"
- Secuencia 7: actitude de Xabier respecto da celebración
- Secuencia 8: relación entre Ana e Alicia
- Secuencia 12: actitude de Ermida respecto da súa empregada
- Secuencia 13: relación entre Xabier e Enma
- Secuencia 15: actitude de Gregorio cara ao fillo
- Secuencia 22: actitude de Raquel cara ao problema de Xabier
- Secuencias 23 e 24: estado de Sara a raíz da morte do fillo
Para a comprensión do vocabulario deste módulo podes empregar esta ligazón: Dicionario da Real Academia Galega.