Actividade 3.1. Como me sinto?

Cabeceira limpa

ACTIVIDADE 3.1. Como me sinto?

Analiza as emocións, sensacións e sentimentos que esperta en ti o visionado do filme. Identifica as secuencias que espertan esas emocións. Podes intentar procurar unha definición e unha análise a través das seguintes preguntas:

• Que che está pasando? Que fixo que te sentiras así?
• Tengo recursos para hacer frente a la emoción que me provocaron las imágenes ?
• Que conduta che provoca esa emoción? (autodefensa, gozo, alegría…)
• Nalgún momento da túa vida sentiches algo semellante? Cal foi o estímulo que o provocou? Que conduta dominou nese momento? Como a afrontaches?

Agora imos darlle personalidade a esa emoción para identificala mellor:
o Quen es? (identificación emocional)
o De onde vés? (procedencia dunha situación, dunha persoa, dunha vivencia anterior que te alimenta)
o Cal é a túa intención? Por que estás aquí? (obxecto que ten)
o Que queres de min? Que queres que faga?
o Que podo facer para te sintas máis cómodo/a?
o Que precisas para afrontarme mellor?
o Remataremos a sesión realizando unha rolda na que cada alumno responderá a seguinte pregunta:
o Que levades desta sesión?