Tarefa final do módulo 2. Campaña de educación viaria
![Cabeceira limpa Cabeceira limpa](https://www.edu.xunta.gal/centros/espazoAbalar/aulavirtual/pluginfile.php/115/mod_assign/intro/Imaxes/A_pesar_de_todo_cabeceira_limpa.png)
Elaborade unha campaña de educación viaria para distribuír no voso centro. Para deseñala debedes identificar os factores de risco máis frecuentes entre os máis novos e o argumentario que debedes empregar para erradicar as malas prácticas.
O produto pode ter calquera formato:
- visual (imaxe soa ou con lema)
- audiovisual (vídeo-anuncio)
- multimedia (cartel en Glogster)
- outros formatos non dixitais ou dixitais
NOTA: No caso de utilizar a unidade na vosa aula virtual propia, o arquivo co produto da tarefa débese subir nesta sección ou indicar a dirección URL na que está situado.