Tarefa final do módulo 2. Campaña de educación viaria

Cabeceira limpa

Elaborade unha campaña de educación viaria para distribuír no voso centro. Para deseñala debedes identificar os factores de risco máis frecuentes entre os máis novos e o argumentario que debedes empregar para erradicar as malas prácticas.
O produto pode ter calquera formato:
  • visual (imaxe soa ou con lema)
  • audiovisual (vídeo-anuncio)
  • multimedia (cartel en Glogster)
  • outros formatos non dixitais ou dixitais

NOTA: No caso de utilizar a unidade na vosa aula virtual propia, o arquivo co produto da tarefa débese subir nesta sección ou indicar a dirección URL na que está situado.