Actividade 2.10. Foro aberto
Debatede en gran grupo. Á vista dos materiais e dos datos manexados ao longo da unidade, abride un debate sobre os seguintes temas:
- “As situacións de risco que estariamos dispostos a cambiar”. Identificádeas, valorade a súa gravidade e discutide as posibilidades de solución que se ofrecen neste momento na sociedade.
- “O tratamento informativo dos sinistros viarios”. Collede como exemplo o recente caso do accidente ferroviario de Angrois; revisade a veracidade do tratamento informativo, a amplitude da cobertura xornalística, a idoneidade das imaxes do sinistro, o tratamento da presunción de inocencia, o respecto polas vítimas e polos seus familiares...