Actividade 2.6. Accidentes de tráfico no mundo
A partir dos documentos proporcionados polo profesorado, analiza a accidentalidade e a conduta viaria en distintos países.
• Como se contabilizan os accidentes de tráfico no mundo?
• Realiza un cálculo aproximado das vidas que non se perderían de ter seguido as normas de circulación: condución sen alcohol, uso do casco, respecto dos límites de velocidade…
• Traballa con gráficas de accidentes de tráfico en distintos países europeos (accidentes por idade, por tipo de usuario, segundo a causa [distracción, infracción, alcohol] ...) e analiza a posición en que queda España. Analiza os datos de Galicia respecto do resto do Estado.
• Para concluír, fai unha pequena reflexión final sobre os cambios que consideras que deberían darse para diminuír a accidentalidade viaria.