O accidente que desencadea o drama da película preséntase con moita verosimilitude, nunhas circunstancias identificables polo espectador e asumibles como cotiás. A partir da película podemos recoñecer parecidos con situacións reais, vividas por nós ou por persoas do noso contorno inmediato. Identifica parecidos razoables entre o accidente da película e a túa realidade máis próxima. Describe o que sucedeu no accidente en que esteas pensando, e intenta dar cos factores que puideron incidir nel.