Simulación da lei de Faraday: entrega
Accede á web do Simulador da lei de Faraday que tes no apartado "Simulación e Montaxe" do tema.
Empregando as ferramentas que proporciona o simulador responde na caixa de texto desta tarefa ás seguintes preguntas:
- Visualiza as liñas de campo magnético do imán. ¿De que polo a que polo do imán van as liñas?
- Visualiza as liñas de campo magnético do imán. ¿Onde cres que é máis intenso o campo magnético: onde as liñas están máis xuntas (nos extremos do imán) ou onde están máis espaciadas?
- Como se chama o conductor enrolado que aparece no simulador?
- A lei de Faraday explica o funcionamento dun tipo de máquina eléctrica. De que máquina eléctrica?
- Achega o imán ao conductor e observa como se ilumina a bombilla. Por que cres que se ilumina?
- Move o imán dentro do conductor. Por que só se ilumina a bombilla mentres o imán está en movemento e deixa de iluminar cando o imán está quieto aínda que estea dentro do conductor?
- Como conclusión: que máquina eléctrica de corrente continua estás simulando?