Tarefa 1. Facer un traxe partindo dun patrón
Escolle un patrón e a boneca/animal para o que queres deseñar o teu traxe:
- Mide a túa boneca ou animal e anota as medidas nunha ficha técnica de medidas para patronaxe.
- Abre o patrón en formato vectorial (.svg) e modifica as medidas para que se axusten á ficha de medidas
- Abre a ficha técnica de patronaxe e modifica as medidas.
- Exporta o patrón en pdf e imprime o patrón en papel, recórtao e emprégao para cortar a tela.
- Seguindo as instruccións da ficha técnica cose o traxe.
Garda nesta tarefa o patrón modificado en pdf e unha foto do traxe vestido na modelo.