TEXTOS. A POLÍTICA NO ANTIGO RÉXIME
- LE OS SEGUINTES DOCUMENTOS E RESPONDE AS CATRO CUESTIÓNS DO FINAL SUBINDO UN DOCUMENTO EN FORMATO PDF
DOC 1.-
"É só na miña persoa onde reside o poder soberano, cuxo carácter propio é o espírito de consello, de xustiza e de razón; é a min a quen deben os meus cortesáns a súa existencia (...); só a min me pertence o poder lexislativo sen dependencia e sen división (...); a orde pública emana de min, e os dereitos e os intereses da Nación, dos que se adoita facer un corpo separado do Monarca, están unidos necesariamente ao meu e non descansan máis ca nas miñas mans."
Discurso de LUÍS XV ao Parlamento de París o 3 de marzo de 1766
DOC 2.-
"I.- (...) o pretendido poder de suspender as leis e a aplicación das mesmas, en virtude da autoridade real, é ilegal.
IV.- (...) o cobro de todo imposto en beneficio da Coroa (...) sen o consentemento do Parlamento (...) é ilegal.
VI.- O recrutamento ou mantemento dun exército, dentro das fronteiras do Reino en tempo de paz, sen a autorización do Parlamento, son contrarios á lei.
XIII.- Que (...) para conseguir a modificación, aprobación e mantemento das leis, o Parlamento debe reunirse con frecuencia."
Declaración de dereitos asinada por GUILLERMO DE ORANGE. Inglaterra, 1689)
DOC 3.-
"Deus estableceu aos reis como os seus ministros e reina mediante eles sobre os pobos (...). Os príncipes actúan como os ministros de Deus (...). Por iso, o trono real non é o trono dun home, senón o do mesmo Deus. Por todo o anterior, a persoa do rei é sagrada e atentar contra ela é un sacrilexio."
BOSSUET (1709)
TRABALLAMOS SOBRE OS DOCUMENTOS
1.- Ordena os textos de máis antigo a máis recente.
2.- Sinala un elemento que teñan en común todos os textos.
3.- O absolutismo aparece plasmado en dous dos documentos, ¿cales? ¿en que elementos dos textos se aprecia o absolutismo?
4.- Hai un texto que non segue os trazos do absolutismo, ¿cal? ¿en que elementos se aprecia que se afasta do absolutismo?