Actividade 4.2. Canto valemos?

Cabeceira limpa


ACTIVIDADE 4.2. Canto valemos?

Os danos e as perdas causados por un accidente de tráfico son moi difíciles de cuantificar debido ás enormes implicacións persoais que sobreveñen nas vidas das persoas que os sofren. Con todo, a nivel administrativo e xudicial, o Estado establece anualmente unhas pautas para calcular os valores indemnizables para paliar as perdas das vítimas dun accidente. Consulta a última táboa publicada no Boletín Oficial do Estado polo Ministerio de Economía e Competitividade e identifica que elementos inciden nestes cálculos:

BOE-Cuantías das indemnizacións por accidentalidade


Fíxate nos seguintes items e recoñece os valores que se establecen nos seguintes casos:

  • a vítima morre / non morre
  • a vítima está xubilada / está en activo
  • a vítima ten fillos / non ten fillos
  • a vítima ten fillos menores / maiores de idade
  • a vítima cobraba ingresos netos superiores a...
  • a vítima tiña familiares dependentes
  • a vítima perde un fillo nonnato durante o accidente
  • a vítima sofre lesións permanentes (segundo a idade)

É posible identificar que colectivos sociais valen máis para a Administración? Ocórreseche que casos quedan fóra destas valoracións?