Actividade 4.2. Canto valemos?
ACTIVIDADE 4.2. Canto valemos?
Os danos e as perdas causados por un accidente de tráfico son moi difíciles de cuantificar debido ás enormes implicacións persoais que sobreveñen nas vidas das persoas que os sofren. Con todo, a nivel administrativo e xudicial, o Estado establece anualmente unhas pautas para calcular os valores indemnizables para paliar as perdas das vítimas dun accidente. Consulta a última táboa publicada no Boletín Oficial do Estado polo Ministerio de Economía e Competitividade e identifica que elementos inciden nestes cálculos:
BOE-Cuantías das indemnizacións por accidentalidade
Fíxate nos seguintes items e recoñece os valores que se establecen nos seguintes casos:
- a vítima morre / non morre
- a vítima está xubilada / está en activo
- a vítima ten fillos / non ten fillos
- a vítima ten fillos menores / maiores de idade
- a vítima cobraba ingresos netos superiores a...
- a vítima tiña familiares dependentes
- a vítima perde un fillo nonnato durante o accidente
- a vítima sofre lesións permanentes (segundo a idade)
É posible identificar que colectivos sociais valen máis para a Administración? Ocórreseche que casos quedan fóra destas valoracións?