Actividade 4.1: Saúde e tráfico


Cabeceira limpa

ACTIVIDADE 4.1. Saúde e tráfico

Para comezar, ímonos centrar nas perdas máis doadamente identificables: os danos físicos. Nesta actividade debes identificar os órganos máis proclives a sufrir lesións nun accidente de circulación; a continuación, localiza o tipo de lesións máis frecuentes (non esquezas pensar nos distintos tipos de vítimas que pode haber nun accidente). Seguramente en moitos casos poderase recoñecer a fonte da lesión; descríbea a grandes trazos. Por último, identifica o elemento de seguridade activa ou pasiva que protexe as zonas ou lesións identificadas.

Podes visualizar o corpo humano pulsando na imaxe:

Zygot Body

Como curiosidade, investiga cales son as excepcións á obrigatoriedade de uso do cinto de seguridade.