Espazos de luxo
Espazos de luxo
• Etapa educativa: primaria, secundaria.• Obxectivo: poñer en valor os espazos urbanos abertos á cidadanía, recuperar o uso do espazo público e do xogo na rúa.
• Actividades: identificación de lugares singulares, tranquilos, relaxantes e marabillosos que nos fan gozar do espazo público; descrición dos elementos presentes nestes espazos e identificación das características que (no seu conxunto) os fan aptos para a evasión (tráfico, construccións, elementos naturais, ocupación humana...); análise do uso dos espazos públicos (viario, empresarial, social, lúdico, musicais...) e deseño de propostas de mellora a través de actividades de distinto tipo.
• Exemplos: prazas públicas, parques, rueiros peonalizados, zonas históricas, praias, roteiros polo monte..., parque de Bonaval (Santiago de Compostela), prazas da Peregrina e da Leña (Pontevedra), contorno da Torre de Hércules ou Paseo Marítimo (A Coruña)...