Actividade 5.4. Espazo
ACTIVIDADE 5.4. Espazo
A construción dos espazos tamén engade verosimilitude á historia (o realismo das localización, o recoñecemento dos exteriores...), á construción da atmosfera dos personaxes (espazos abertos, pechados, naturais, claustrofóbicos...), ao universo simbólico da pelicula...
En grupos de dous, localizade os espazos en que hai escenas que rodean o tráfico, as escenas de amor ou outras que sexan do voso interese; logo, identificade parecidos razoables na construción dos espazos para determinar se transmiten as mesmas sensacións. Para rematar, elixide unha desas escenas e cámbialle a ambientación espacial para procurar un resultado visual e sensitivo distinto. Mentres un membro do grupo describe en gran grupo esta creación ambiental, o outro membro do equipo pode anotar as reaccións da clase.