Actividade 3.2. Alfabetización emocional

Cabeceira limpa

ACTIVIDADE 3.1. Alfabetización emocional

Fíxate ben nos personaxes e intenta entender as sensacións e as emocións polas que pasan ao longo da película: ameaza, culpa, dó, illamento, incomprensión, ira, pea, presión... Podedes repartir as secuencias por grupos e, logo, comentar as respostas en gran grupo.

  • Secuencia 2: estado de ánimo de Vítor
  • Secuencia 3: actitude de Adela cara ao fillo
  • Secuencia 4: actitude de Xabier coa nai
  • Secuencia 5: Camareiro: "vai tomar algo máis a señorita?"
  • Secuencia 7: actitude de Xabier respecto da celebración
  • Secuencia 8: relación entre Ana e Alicia
  • Secuencia 12: actitude de Ermida respecto da súa empregada
  • Secuencia 13: relación entre Xabier e Enma
  • Secuencia 15: actitude de Gregorio cara ao fillo
  • Secuencia 22: actitude de Raquel cara ao problema de Xabier
  • Secuencias 23 e 24: estado de Sara a raíz da morte do fillo

 

Para a comprensión do vocabulario deste módulo podes empregar esta ligazón: Dicionario da Real Academia Galega.