Actividade 2.9. Role-playing
Elabora a versión teatral da noticia anterior. Elabora ben os roles dos personaxes que participan na escena. Lembra describir o seu físico, o carácter e as actitudes; elabora para eles un pequeno diálogo e as acoutacións que permitan a dramatización da escena. Fai fincapé nas neglixencias e na inmadurez dos infractores. Podes mesmo facer unha versión paródica para marcar os estereotipos; podes ter como referente un programa de humor que coñezas.