Actividade 2.4. Accidentes de tráfico nas novas da TVG

Cabeceira limpa

ACTIVIDADE 2.4. Accidentes de tráfico nas novas da TVG

Os accidentes de tráfico prodúcense cunha frecuencia moi preocupante. Por veces ocupan un espazo informativo tan amplo que debería producir unha profunda alarma social. Podemos facer unha busca selectiva das novas producidas na CRTVG na fin de semana e mais o luns para valorar o relevo mediático que adquiren este tipo de sucesos. Podes identificar noticias relacionadas co tráfico na web da CRTVG practicando distintos modelos de buscas para especializar os resultados. Valora o nivel de incidencia das novas sobre tráfico dentro do apartado de sucesos.