Actividade 2.1. Malas prácticas
ACTIVIDADE 2.1. Malas prácticas
Identifica as malas prácticas (infraccións, imprudencias, descoidos...) que cometen os personaxes ao longo da película. É importante que te fixes en todas as características que rodean as situacións que suceden nas vías. Anota aquelas que che chamen a atención e comenta o nivel de atención que cumpriría poñer nelas. Dámosche algúns fíos dos que podes ir tirando: • Que experiencia ten Vítor como condutor?
• Como lle afecta a Vítor o seu estado emocional na súa conduta como condutor e peón?
• Cal é a conduta de Xabier como condutor?
• Que tipo de vehículo conducen os protagonistas? Cres que existe algunha relación entre o vehículo e o estilo da condución?
• Como van sentados os ocupantes do vehículo antes do accidente?