Tarefa final do módulo 1
Tarefa grupal (grupos de 4 persoas) e/ou individual:
Centrándose na mirada do personaxe e no resto de pistas gráficas do cartel, así como na sinopse e nos datos ofrecidos até agora polos diferentes recursos analizados, escribe en dúas liñas ou nun Twitter (140 caracteres) un posible argumento da película e compárteo co resto da clase.Pódese compartir de tres maneiras (ou máis), de acordo coa imaxinación do profesorado e do alumnado participante:
- Escribíndoo nesta sección do Moodle.
- Escribíndoo cada un nun papel tipo "post-it" mediano ou grande e pegándoo nun taboleiro ou noutro espazo da clase onde se poida consultar durante o desenvolvemento da unidade didáctica e ao rematar a mesma.
- Escribíndoo nun medio dixital, blog ou rede social onde se poda compartir e consultar abertamente.