Esquema de temas
-
Este bloque trata de como funciona a información no mundo e ten como última intención o fomento do espírito crítico. Analizaremos a actualidade xornalística localizando as estratexias que producen a desinformación ao o tempo que se afonda nas técnicas para levar a cabo un xornalismo ético.
-
Consulta algúns dos termos empregados neste bloque cando o precises
-
-
Vexamos como funciona a información no mundo, mentres intentamos fomentar o espíritu crítico do alumnado.
Enfrontaremos, nesta OD, cuestións de ética xornalística, a través de tarefas que expoñan o mal uso da información .
-
Antes de comezar lee este documento de apoio
-
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
-
Poñede en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
-
Antes de comenzar a traballar nas tarefas, aquí queda unha explicación de que son as Fake news ou noticias falsas e porque é tan importante saber recoñecelas
-
Resume do xogo e proposta de tarefa (só para docentes).
-
Hoxe imos pescar titulares clicbait.
Primeiro lede o documento onde se explica o que son os clicbaits e por parellas, entrade na sección de novas de Google e localizade polo menos catro titulares cebo.
Unha vez localizados, lede as noticias e respondede as seguintes preguntas:
-Que características, das que limos antes, cumpren os titulares que seleccionastes, para que dicir que son cebo?
-
Hoxe imos facelo ao revés.
Entra na páxina do teu xornal preferido e transforma os seus titulares en clicbaits.
-
Un bo titular xornalístico debe intentar dar a información relevante nunha soa mirada, os clicbaits son todo o contrario. O usuario de X aforrando clicbaits responde aos titulares cebo respondendo a súa intriga.
Por parellas elaborade os titulares correctos para algunhas das noticias que analizáchedes antes. -
Ides xogar ao bad news game e convertirvos nuns maléficos desinformadores, creadores de noticias falsas. Neste xogo, a diferencia do que debedes facer na vida real, trátase de crear as máis terribles estratexias para conseguir seguidores a toda costa.
Agrupádevos en parellas e intentade ganar os distintivos por impersonación, emoción, descrédito, trolling, polarización e conspiración mentres explicades que significa cada un destes termos.
Logo intentade responder a seguinte cuestión:Que crees que motiva á xente a crear e difundir fake news?
O xogo polo de agora non ten versión en castelán, si existe en portugués e mais en inglés, pero trátase dun xogo bastante sinxelo de seguir e traducilo non é difícil. -
Escribe a túa propia historia de Fake news (ate 300 palabras). Explica como usaches habilidades asociadas con polo menos tres dos distintivos do xogo de bad news game para facer que a túa historia sexa "digna de clics".
-
Hoxe seredes detectives de fake news, buscade na rede exemplos de noticias falsas e buscade, se as topades as consecuencias que poido ter esa nova.
Podedes consultar tamén a páxina maldito bulo, onde poderedes ver como se desmontan algúns dos bulos reais que circulan en internet. -
Que pensas desta cita: "Unha mentira repetida constantemente, acaba por converterse en verdade”. véslle algunha relación co tema que estamos a tratar? Investigade sobre a cita e tirade as conclusións oportunas.
-
Concluamos o bloque de como funciona a información no mundo, dándolle forma ao aprendido na OD1 e preparándonos para a elaboración do guión dun podcast
Intentaremos aquí organizar certas rutinas e organizalas en torno a un fluxo de traballo axeitado.
-
Antes de comezar lee este documento de apoio
-
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
-
Conta aquí as túas dúbidas e consultas sobre este tema, a ver se entre todos as podemos solucionar.
-
Hoxe traballaremos sobre o que é a liña editorial.
-Que liña editorial cres que siguen as diferentes publicacións que tedes hoxe na clase. Para que público cres que están pensadas.
-E o voso podcast, que liña editorial queredes darle e para que público obxectivo pensades que estará dirixido?
-
Sobre algunha das novas seleccionadas estes días, localiza as fontes, que tipoloxía teñen.
Tempo de aplicar o aprendido. Busca fontes para o teu podcast.
-
Que vas presentar á reunión de contido?
-
a newsroom. Hoxe a clase será a sala de redacción dun medio de comunicación e imos decidir os contidos a desenvolver nos vosos podcasts.
Uns días antes comezaredes a pensar posibles contidos que propor. Cada un dos grupos de podcast levaredes, polo menos, catro propostas sólidas.
Podedes procuralos, atendendo a actualidade da seman, as lecturas destes días da clase, ou a alguna inquedanza propia ou conversa que teñades escoitado últimamente. O voso entorno está cheo de feitos que poderían considerarse noticiables.
Investigade sobre elas e buscade onde poderiades topar as vosas fontes.
Listos para a reunión de contidos? A/o profe será o director e vos os xefes de sección. Expoñede as vosas propostas con argumentos sólidos e conseguide que as vosas novas cheguen aos vosos podcasts.
-
(só para docentes)
-
Deseñade o voso fluxo de traballo, xa sexa nun xa sexa dun xeito físico, a través Dunha pizarra na clase ou dixital a través da plantilla do taboleiro do podcast que tedes ao principio da OD ou dentro dun proxecto de Trello.
-
Cando creamos un pódcast podemos empregar recursos propios, gravando voces, sons ou instrumentos musicais, e tamén alleos respectando os dereitos dos seus autores. Neste ODE coñeceremos algúns bancos sonoros de uso libre.
-
Antes de comezar lee este documento de apoio
-
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
-
Conta aquí as túas dúbidas e consultas sobre este tema, a ver se entre todos as podemos solucionar.
-
Enunciado
Por parellas, facendo uso de bancos de uso libre como os citados nos recursos da unidade, atopade e descargade:
- 1 efecto de son coa extensión wav
- 1 música coa extensión mp3
- 1 vídeo de menos de 30 s coa extensión mpeg
Despois subídeos aquí.
-
Enunciado
Como xa vimos nesta ODE, Audacity e outros programas de edición audiovisual poden traballar preferentemente con formatos determinados. Imos a practicar cómo convertir formatos.
Por parellas, utilizando os arquivos da tarefa anterior:
- Converte o efecto de wav a mp3
- Converte a música mp3 a wav
- Extrae o son do video a mp3
Despois subídeos aquí.
Recursos
Podedes utilizar unha web de conversión de formatos como
https://www.online-convert.com/es
-
Unha vez que sabemos onde atopar sons de uso libre, veremos que ferramentas ofrece Moodle para gravar os nosos propios sons e subilos á Aula virtual: traballaremos con ferramentas de audio H5P como Dictation ou Audiorecorder ou a propia ferramenta Pódcast que permite crear Moodle.
-
Antes de comezar lee este documento de apoio
-
Poñede en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
-
Este titorial tamén estará colgado na ODE 7, como recordatorio, xa que nesa ODE subiránse os proxectos finais de toda a clase
-
Enunciado
Subide aquí o podcast que fixéchedes para a tarefa 4.4, de xeito que toda a aula poida escoitar os dos demáis.
Recursos
Aquí podes atopar videotitoriais que explican cómo resolver esta tarefa: Videotitoriais. Gravar e inserir multimedia na aula virtual
-
Partindo de diferentes músicas libres podemos crear novas músicas remesturándoas ou combinando loops extraídos delas. Así poñeremos banda sonora aos nosos pódcasts.
-
Antes de comezar lee este documento de apoio
-
Poñede en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
-
Cando editamos vídeo as pistas superiores tapan os obxetos das inferiores. Nos planos sonoros as pistas, en cambio, superpóñense e mézclanse, acústicamente existen ao mesmo tempo
-
Enlaces a vídeos que explican que é Sampling e os 4 acordes típicos do Pop
-
-
Antes de comezar lee este documento de apoio
-
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
-
Poñede aquí en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
-
Agora que xa coñecemos a teoría, pasamos a por en práctica o aprendido. Imos gravar reportaxes en formato pódcast e compartilos co resto da aula-
Antes de comezar lee este documento de apoio
-
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
-
Poñede aquí en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
-
Qué é? Qué elementos adoita ter?
-
Neste vídeo se vos explica cómo subir o voso pódcast á aula virtual
-
Este vídeo explica cómo crear unha actividade pódcast na aula virtual
-
Enunciado
En grupos, escollede un conto, lenda urbá, canción... e gravade unha reportaxe sobre iso. Narrádeo como se fose un suceso real. Podedes contar, por exemplo, cómo unha nena vestida de vermello levou unha cesta de comida á avoa e todo se torceu absurdamente.
Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.
-
Enunciado
En grupos, escollede un tema que que vos interese ou afecte. Preguntade a compañeiros/as doutros cursos a súa opinión ao respecto. Atopade opinións diferentes.
Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula..
-
Enunciado
En grupos, escollede unha persoa do centro que non conozades e entrevistádea.
Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.
Recursos
Para facelo primeiro debedes redactar qué preguntas lle ides facer, por exemplo:
Onde naciches?
Viveches noutras cidades ou vas en verán a outros sitios? Fálame deles
A que se adican os teus pais?
Qué é o que che gusta máis facer? Por qué?
-
Enunciado
Imos combinar reportaxe e debate. En grupos, escollede un tema e:
1- gravade unha reportaxe: Brevemente contade de qué vai, resumíndoo
2- gravade un debate: conversade sobre o tema, todo o mundo ten que decir o contrario do que pensa e defendelo.
Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.