Diagrama de temas
-
Benvida e benvido ao proxecto LEOCOM!!
LEOCOM significa LEO e COMPRENDO polo que o obxectivo que pretendemos acadar con el é que mellores a túa comprensión lectora dun xeito ameno e significativo.
Nel atoparás 12 paquetes de actividades vencelladas a un interesante texto. Podes seguir a orde que che propopoñemos ou ir facendo segundo che apeteza.
En cada un atoparás a lectura nun documento para descargar e as actividades interactivas EDILIM.
Moitas tarefas poderás facelas de xeito individual e noutras terás que realizar unha posta en común coas túas compañeiras e compañeiros.
Como poderás ver nas lapelas superiores de cada paquete de actividades, estas veñen clasificadas en:
⦁ Antes de ler
⦁ Mentres les
⦁ Despois de ler
Agardamos que che gusten e que mellores moito a túa comprensión lectora!
Este Proxecto foi creado por Verónica Blanco Quintás e Mª Luisa Lodeiro Matalobos, durante unha licenza por Formación de Modalidade 2 da Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e baixo licenza .
-
-
Arquivo do curso para descargar e restaurar na aula virtual do seu centro.