Esquema de temas
-
A mediación escolar representa unha forma alternativa de abordar os conflitos. Pouco a pouco algúns centros están iniciándose no proceso de implantación deste servizo. Este curso pretende axudar a adquirir, os/as responsables do servizo de mediación, das competencias científicas, intra e interpersoais, didácticas, organizativas e de xestión necesarias para organizar este servizo. Con esa finalidade o curso está organizado en tres bloques:
- Bloque I: analiza o marco teórico e lexislativo, que apareceu nos últimos anos, co obxectivo de abordar a conflitividade nos centros educativos e sobre a necesidade de educar na xestión pacífica dos conflitos.
- Bloque II: presenta o fluxo de actuacións que é necesario activar para a creación dun servizo de mediación nun centro educativo : análise da convivencia no centro, sensibilización da comunidade educativa, integración nos plans do centro, selección e formación do equipo mediador, coordinación, seguimento e avaliación do servizo.
- Bloque III: ofrece un banco de materias e recursos para un servizo de mediación escolar.
-
Nesta zona atoparás información e ferramentas que usaremos ao longo de todo o curso. Consúltaa cando sexa necesario.
-
Arquivos para baixar
-
-
Preséntate á comunidade ede aprendizaxe. De non facelo no prazo sinalido causarás baixa no curso.
-
A mediación ten unha longa historia, e estivo presente desde os primeiros momentos da humanidade. Sen embargo, a orixe da mediación escolar é máis recente, enmarcase dentro do ámbito da xustiza restaurativa e xurde en países como os EEUU, Canadá e Australia. Neste tema, reflexionaremos sobre as fontes e o marco teórico que a xustifica : sentido e obxectivos, principios e condicións da mediación, conflitos mediables, ... .
-
Nos últimos anos, incrementouse de maneira significativa a preocupación polos problemas de convivencia presentes nos centros escolares. Este desacougo motivou que xurdisen numerosos estudios e investigacións que pretenden analizar as causas e orientar sobre como responder á necesidade da xestión pacífica dos conflitos. O anterior ven recolléndose en documentos e lexislación internacional, nacional e autonómica.
-
Unha idea clave é a de que a mediación debe ser un compromiso e un proxecto asumido polo centro, polo que centrarémonos en apuntar como sensibilizar a Comunidade Educativa (equipo docente, familias e alumnado) sobre a importancia deste recurso. Finalmente sinalaremos os documentos do centro nos que debe aparecer recollido este servizo.
-
Nun servizo de mediación os elementos humanos son fundamentais (equipo de coordinación, mediadores/as). Nesta fase é importante ter previsto un proceso para captar e seleccionar ao alumnado mellor para esta tarefa. Pero sen dúbida este alumnado debe ser formado, polo que a concreción do programa de formación dos/as mediadores/as será outro dos epígrafes do tema
-
Este tema está organizado en dúas seccións:
- Nunha primeira describiremos procedementos para que a organización do servizo sexa correcta. Así, imos reflexionar sobre asuntos como: as condicións do espacio onde se vai facer a mediación, a organización dos horarios e turnos dos/as mediadores/as, ou a documentación necesaria para o seguimento e rexistro dos procesos mediados.
- Na segunda sección do tema abordaremos o aspectos do segimento e a avaliación do servizo. Pois todo cambio para consolidarse debe ir reaxustándose a medida que se establece, para iso é necesario ter unha actitud avaliadora continuada. ¿Que avaliar? e ¿como? serán cuestións as que daremos resposta neste último apartado.
-
Imos comentar algúns dos recursos e materiais que podemos utilizar e que están pensados para utilizar durante as fases 1,2 e 3 do proceso de implantación do servizo. Es dicir, dirixidos a sensibilizar á Comunidade Educativa sobre a necesidade e utilidade dun servizo de mediación escolar.
-
Preséntanse recursos para a fase 4 (a selección e formación dos/as mediadores/as). É necesario, como mínimo, dispoñer de modelos de entrevista inicial dos/as candidatos/as, ter definidos os protocolos de selección e dispoñer de materiais para a formación dos/as candidatos/as a mediadores/as
-
Para desenvolver as fases 5 (organización do servizo) e a 6 e 7 (seguemento e avaliación) necesitamos dispoñer de recursos que faciliten os procesos de axuste, mellora e consolidación do mesmo. Neste tema preséntanse eses recursos e materiais.
-
Creación servizo mediación escolar
por José Enrique Abalo Quintelapublícase baixo unha licenza
Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Este curso virtual elaborouse durante unha licenza de formación retribuída pola Consellería de educación e O.U.