Topic outline
-
BLOQUE I: CONCEPTOS BÁSICOS
Nesta primeira unidade estudiaremos os conceptos básicos e mínimos de cartografía que nos permitan comprender os procedementos de traballo que utilizaremos ao longo do curso.
Duración estimada: 1 hora.
-
BLOQUE I. CONCEPTOS BÁSICOS
Nesta unidade trataranse os conceptos básicos que permitan coñecer o deporte así como a norma cartográfica específica que será utilizada no proceso de elaboración dos mapas propios de orientación.
Duración estimada: 2 horas.
-
BLOQUE II. DESCARGA E INSTALACIÓN DO SOFTWARE
Neste curso seleccionamos QGIS (QuantumGIS) como software libre multiplataforma de traballo. Nesta unidade trataremos os procedementos básicos para a súa descarga, instalación no sistema operativo Windows.
Duración estimada: 30 minutos.
-
BLOQUE II. DESCARGA, INSTALACIÓN DO SOFTWARE.
Neste curso usaremos software libre "Open Orienteering Mapper" que está crecendo con forza e é compatible con Linux, Windows, Mac e Android. Na unidade, guiaremos no proceso de instalación do software.
Duración estimada: 30 minutos.
-
BLOQUE III. O MAPA BASE
Nesta unidade aprenderemos a usar o centro de descargas do CNIG para conseguir a descarga directa da cartografía base precisa na elaboración do noso proxecto.
Duración estimada: 1 hora.
-
BLOQUE III. O MAPA BASE
O software QGIS ten múltiples posibilidades e pensar nun dominio do mesmo neste curso non sería posible!. Estudamos a continuación os aspectos básicos e mínimos do software para o propósito do no curso. Neste tema faremos unha introdución ao seu manexo básico.
Duración estimada: 2 horas.
-
BLOQUE III. O MAPA BASE
O WMS (Web Map Service) é un servizo que nos permite visualizar no software o mapa vinculado sen necesidade de descarga. Nesta unidade aprenderemos a buscar e xestionar os servizos WMS para o noso proxecto de mapa escolar.
Duración estimada: 1 hora
-
BLOQUE III. O MAPA BASE.
Nesta unidade aprenderemos a usar os datos do Modelo Dixital do Terreo (MDT05-Lidar) para a creación das curvas de nivel do noso proxecto.
Duración estimada: 2 horas.
-
BLOQUE IV. OPEN ORIENTEERING MAPPER
Nesta unidade trataremos os aspectos básicos de manexo do software Open Orienteering Mapper recoñecendo a súa estructura primeiros pasos no seu manexo.
Duración estimada: 1 hora.
-
BLOQUE IV. OPEN ORIENTEERING MAPPER.
Esta unidade está dedicada o estudo da xanela de símbolos do software. Aprenderemos todos os aspectos importantes do seu manexo.
Duración estimada: 1 hora.
-
BLOQUE IV. OPEN ORIENTEERING MAPPER.
O manexo das plantillas en Open Orienteering Mapper é fundamental no proceso de elaboración de mapas xa que constituen a base do pintado. Nesta unidade estudamos o uso da xanela de plantillas.
Duración estimada: 2 horas.
-
BLOQUE IV. OPEN ORIENTEERING MAPPER.
Estas barras de ferramentas conteñen botóns comúns a maioria do software. O estudo deste tema será rápido e sinxelo.
Duración estimada: 1 hora.
-
BLOQUE IV. OPEN ORIENTEERING MAPPER.
Na barra de debuxo atópanse as ferramentas básicas para comenzar o pintado básico do mapa. Deberemos facernos co manexo destas ferramentas para poder iniciar o pintado do mapa de maneira eficiente.
Duración estimada: 1 hora.
-
BLOQUE IV. OPEN ORIENTEERING MAPPER.
A barra de edición permítenos editar de forma básica o pintado do mapa. Nesta unidade traballaremos os aspectos destacados da edición do mapa.
Duración estimada: 1 hora.
-
BLOQUE IV. OPEN ORIENTEERING MAPPER.
A barra de edición avanzada permítenos editar otros aspectos do mapa. Nesta unidade traballaremos os aspectos destacados da edición do mapa coas ferramentas desta barra.
Duración estimada: 1 hora.
-
BLOQUE V. O PROXECTO FINAL
A documentación desta sección vai orientada a dar indicacións sobre o proceso de elaboración do mapa do recinto escolar que debe ser o teu proxecto final de curso.
Duración estimada: 12 horas.
-
"A elaboración do mapa de orientación con software libre"
por Antonio Domínguez Portas e Carlos Novo Combapublícase baixo unha licenza
Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.Este curso virtual elaborouse durante unha licenza de formación retribuída pola Consellería de educación e O.U.