Este proxecto 'A nosa música' está dirixido ao alumnado de Música de 2ºESO, podéndose empregar tamén para 3º e 4º ESO, 6º Ed. Primaria e outros cursos e materias.
Facemos un percorrido pola definición, tipoloxía e aspectos máis característicos e distintivos da música tradicional galega, os seus instrumentos, baile e danzas en 11 leccións.
Cada tema consta do apartado de 'Contidos'. Este estrutúrase nunha introdución, o desenvolvemento do tema (Que é?), unha infografía (Dunha ollada), unha partitura (Dálle marcha) e uns exercicios de repaso (Canto sei!). Ademais, os temas teñen cadanseu 'Cuestionario'.