Obxetivo Xeral
|
Este curso vai dirixido a aquelas persoas que:
- Usen os coñecementos obtidos, para atopar un medio de traballo que poida chegar a ser empresarial.
- Están relacionadas co medio mariño e lle proporcione un maior nivel de coñecementos del.
- Poidan adquirir novos coñecementos e a vez acadar unha puntuación para obter un permiso de explotación.
|
|
Obxectivos Específicos
|
- Coñecemento do ecosistema mariño. Importancia das algas nel.
- Proporcionalo coñecemento das algas mariñas en xeral.
- Identificalas principais algas que podan ter interese comercial.
- Coñecemento da localización das algas de interese en función dos diferentes factores físicos e químicos.
- Comprendela importancia da preservación e conservación do medio mariño na recolección das algas.
- Comprendelas relación existentes entre o medio ambiente e o desenvolvemento económico e social.
- Contextualizalo uso histórico e presente das algas en Galicia e no mundo.
- Coñecelas propiedades específicas das algas para poder ser usadas.
- Coñecelos diferentes usos e aplicacións das algas.
- Métodos de recolección exeitado das algas e a súa forma de recolección.
- Diferencialas posibles modalidades de extracción de algas.
- Coñecelos requisitos para poder extraerlas algas.
- Aprendelas formas de acondicionamento das algas recollidas, en función do seu futuro uso comercial.
- Comprender cada unha das posibles técnicas de procesado ou conservación ás que son sometidas as algas, para a súa posterior comercialización.
- Coñecelas principais empresas de Galicia que comercializan algas ou derivados.
|
|
Duración do curso
|
O curso terá unha duración de 30 horas lectivas.
|
|
Asistencia ó curso
|
A asistencia ás clases é obrigatoria. Nas actividades formativas levarase un control de asistencia.
|
|
Criterios de Avaliación
|
Nesta valoración terase moi presente a capacidade de incorporación do/a alumno/a ás dinámicas de traballo, de comunicación e de pautas de interrelación.
|
|
Programa
|
Módulo I
|
Aspectos xerais das algas mariñas
- Definición de alga mariña.
- Clasificación de algas mariñas.
- Características principais das macroalgas mariñas.
- Principais factores que inflúen na distribución espazo temporal das macroalgas mariñas.
- Especies de macroalgas de interese comercial presentes en Galicia.
|
|
|
Módulo II
|
Ecoloxía das comunidades algais
|
|
|
Módulo III
|
Explotación responsable dos recursos algais e sostenibilidade dos mesmos
- Introducción: a sostenibilidades e a explotación responsable fronte á problemática da explotación incontrolada.
- Principais impactos ambientais da extracción de algas.
- Explotación responsable dos recursos algais.
- Contaminación e macroalgas mariñas.
|
|
|
Módulo IV
|
Usos e aplicación máis extendidos das macroalgas
- As algas no mundo. Uso histórico e actual.
- As algas en Galicia. Uso histórico e actual.
- Propiedades excepcionais das algas: os ficocoloides.
- O consumo mundial de algas.
- Os usos das macroalgas.
|
|
|
Módulo V
|
Recolección de macroalgas
- Recollida tradicional das macroalgas.
- Modalidades para a extracción.
- Requisitos para a extracción de macroalgas.
|
|
|
Módulo VI
|
Procesado e comercialización
- Procesado de algas para a súa venda directa ou posterior uso industrial.
- Técnicas de conservación.
|
|
|
Módulo VII
|
Plan de xestión
|
|
|
Módulo VIII
|
Seguridade e Hixiene no traballo
- Principais riscos na actividade da recolleita de macoralgas.
- Medidas de prevención.
|
|
Examen
|
AVALIACIÓN
1 hora lectiva
|
Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar o exame correspondente.
Para acceder á proba de avaliación será preciso ter asistido ó 75% do horario lectivo.
Aos/Ás aspirantes que superen a proba seralles emitida a correspondente certificación acreditativa.
|