Recolección e Aproveitamento de Algas

Obxetivo Xeral

Este curso vai dirixido a aquelas persoas que:

  • Usen os coñecementos obtidos, para atopar un medio de traballo que poida chegar a ser empresarial.
  • Están relacionadas co medio mariño e lle proporcione un maior nivel de coñecementos del.
  • Poidan adquirir novos coñecementos e a vez acadar unha puntuación para obter un permiso de explotación.

 

Obxectivos Específicos

  • Coñecemento do ecosistema mariño. Importancia das algas nel.
  • Proporcionalo coñecemento das algas mariñas en xeral.
  • Identificalas principais algas que podan ter interese comercial.
  • Coñecemento da localización das algas de interese en función dos diferentes factores físicos e químicos.
  • Comprendela importancia da preservación e conservación do medio mariño na recolección das algas.
  • Comprendelas relación existentes entre o medio ambiente e o desenvolvemento económico e social.
  • Contextualizalo uso histórico e presente das algas en Galicia e no mundo.
  • Coñecelas propiedades específicas das algas para poder ser usadas.
  • Coñecelos diferentes usos e aplicacións das algas.
  • Métodos de recolección exeitado das algas e a súa forma de recolección.
  • Diferencialas posibles modalidades de extracción de algas.
  • Coñecelos requisitos para poder extraerlas algas.
  • Aprendelas formas de acondicionamento das algas recollidas, en función do seu futuro uso comercial.
  • Comprender cada unha das posibles técnicas de procesado ou conservación ás que son sometidas as algas, para a súa posterior comercialización.
  • Coñecelas principais empresas de Galicia que comercializan algas ou derivados.

 

 Duración do curso

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas.

 

Asistencia ó curso

A asistencia ás clases é obrigatoria. Nas actividades formativas levarase un control de asistencia.

 

Criterios de Avaliación

Nesta valoración terase moi presente a capacidade de incorporación do/a alumno/a ás dinámicas de traballo, de comunicación e de pautas de interrelación.

 

Programa

Módulo I

Aspectos xerais das algas mariñas

  • Definición de alga mariña.
  • Clasificación de algas mariñas.
  • Características principais das macroalgas mariñas.
  • Principais factores que inflúen na distribución espazo temporal das macroalgas mariñas.
  • Especies de macroalgas de interese comercial presentes en Galicia.

 

 

Módulo II

Ecoloxía das comunidades algais

  • As algas e o seu medio.

 

 

Módulo III

Explotación responsable dos recursos algais e sostenibilidade dos mesmos

  • Introducción: a sostenibilidades e a explotación responsable fronte á problemática da explotación incontrolada.
  • Principais impactos ambientais da extracción de algas.
  • Explotación responsable dos recursos algais.
  • Contaminación e macroalgas mariñas.

 

 

Módulo IV

 

Usos e aplicación máis extendidos das macroalgas

  • As algas no mundo. Uso histórico e actual.
  • As algas en Galicia. Uso histórico e actual.
  • Propiedades excepcionais das algas: os ficocoloides.
  • O consumo mundial de algas.
  • Os usos das macroalgas.

 

 

Módulo V

Recolección de macroalgas

  • Recollida tradicional das macroalgas.
  • Modalidades para a extracción.
  • Requisitos para a extracción de macroalgas.

 

 

Módulo VI

Procesado e comercialización

  • Procesado de algas para a súa venda directa ou posterior uso industrial.
  • Técnicas de conservación.

 

 

Módulo VII

Plan de xestión

 

 

Módulo VIII

Seguridade e Hixiene no traballo

  • Principais riscos na actividade da recolleita de macoralgas.
  • Medidas de prevención.

 

Examen

AVALIACIÓN

1 hora lectiva

Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar o exame correspondente.

Para acceder á proba de avaliación será preciso ter asistido ó 75% do horario lectivo.

Aos/Ás aspirantes que superen a proba seralles emitida a correspondente certificación acreditativa.