Probas de IDONEIDADE PROFESIONAL

A proba de idoneidade profesional consiste en avaliala experiencia adquirida polos candidatos os títulos de (Patrón de Altura, Patrón de Litoral, Mecánico Maior Naval e Mecánico Naval), durante os seus periodos de embarque, demostrando o exacto e completo coneñecemento das respectivas competencias e normas de garda contidas no Capítulo VIII do Convenio STCW e o seu Código STCW.

Competencias

A proba de idoneidade é un dos requisitos para a obtención dos títulos de Patrón de Altura, Patrón de Litoral, Mecánico Maior Naval e Mecánico Naval da MARIÑA MERCANTE.

 

Requisitos necesarios a efectos de ser admitidos

De acordo co Anexo II, da Resolución do 4 de decembro do 2019, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se convocan probas de idoneidade profesional (BOE 27-12-2019), “os alumnos das diferentes seccións ponte e máquinas, antes de presentar solicitude a proba de idoneidade deberá haber obtido o recoñecemento ou a admisión das súas prácticas en Capitanía Marítima. Para elo, despois da súa formación correspondente, deberán ter realizado as prácticas (12 meses de embarque) e acreditalas mediante a documentación recollida no Anexo II”.

 

Condicións de acceso as probas

Para acceder a proba de idoneidade, presentaranse duas solicitudes, cada unha coa documentación anexa correspondente:

    1. Solicitude de APROBACIÓN de prácticas.
    2. Solicitude de ADMISIÓN a prueba de idoneidade.

No caso de dispoñer xa do Certificado de aprobación de prácticas, pasarase directamente ó punto 2.

 

Solicitude de APROBACIÓN de prácticas

Según o establecido na Resolución do 4 de decembro de 2019, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se convocan probas de idoneidade profesional (BOE 27-12-2019):

A admisión das prácticas como válidas e a expedición do correspondente certificado levarase a cabo por calquera Capitanía Marítima.

    • O modelo de certificado será o indicado no anexo III.
    • A solicitude de aprobación de prácticas poderán presentala en calquera Capitanía Marítima.
    • Unha vez aprobadas as prácticas pola Capitanía Marítima, ésta expedirá un Certificado de superación de prácticas con validez por un ano. De modo, que en ese ano poderán presentarse a proba de idoneidade.

O axeitado é que os alumnos soliciten a aprobación das suas prácticas unha vez finalizados os 12 meses de embarque e que non esperen a que se convoquen as probas para solicitalo.

 

Solicitude de ADMISIÓN as probas de idoneidade

Según o establecido na Resolución do 4 de decembro do 2019, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se convocan probas de idoneidad profesional (BOE 27-12-2019):

    • Os interesados en participar nas probas de idoneidade convocadas formularán solicitude o efecto no modelo do anexo I.
    • Os alumnos poderán elexir preferentemente o centro onde finalizaron os seus estudios para realizala proba de idoneidade. No obstante, cuando por razóns xustificadas non se celebre dita proba de idoneidade no centro elexido, os alumnos poderán presentarse en calquera outro centro de formación profesional.

Poden presentarse as solicitudes e a documentación anexa:

 

Matrícula e Documentación para a prueba de idoneidade

Conforme as bases primeira e segunda da Resolución do 4 de decembro do 2019, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se convocan probas de idoneidade profesional (BOE 27-12-2019), a documentación para a solicitude da proba de idoneidade, é a seguinte:

1)  Solicitude (anexo I desta Resolución).

2)  Unha fotocopia do documento nacional de identidade, tarxeta de residencia ou pasaporte, en vigor.

3)  Título académico ou credencial sustitutoria do título requerido polo Real Decreto 973/2009, do 12 de xuño, polo que se regulan as titulacións profesionais da Mariña Mercante, para a obtención do título profesional correspondente.

4)  Libro de Rexistro da Formación (Libro de Formación A Bordo) do alumno cumplimentado.

5)  Certificado de aprobación de prácticas emitido por unha Capitanía Marítima, conforme a base primeira desta convocatoria.

 

Número de convocatorias e lugares de celebración

As probas realizaranse cada ano en duas convocatorias ordinarias, unha por semestre do ano.

Lugares de celebración das probas:

 

Tipo de proba de idoneidade

As probas realizaranse mediante un exame oral de conformidade co determinado na Resolución do 8 de marzo do 2019, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se dictan os procedementos para a avaliación da proba de idoneidade para a obtención dos títulos profesionais da Mariña Mercante de Patrón de Altura, Mecánico Maior Naval, Patrón de Litoral e Mecánico Naval.

 

Descripción das probas

Superados os requisitos previos para ser admitidos, estipulados na normativa de aplicación, a proba de idoneidade recopilará as probas mediante unha evaluación que seguirá a seguinte estructura xeral:

I.  Bloque sobre a experiencia no traballo. Este bloque consistirá nunha breve exposición sobre a formación práctica adquirida durante o periodo de embarque e/ou periodo de formación en terra realizado por parte do aspirante ó título a que seguirán unhas preguntas sobre a experiencia adquirida no traballo.

II.  Bloque de competencias. Neste bloque o aspirante terá que responder a un cuestionario de preguntas prácticas, basadas nas competencias enumeradas no anexo que corresponda ó título profesional que se evalúe, que medirá o grao de coñecemento, comprensión e suficiencia dos aspirantes en relación coas materias recollidas na columna dos que compoñen as competencias dos diferentes cadros das seccións dos capítulos II e III do Código STCW aplicables a cada título profesional.

 

Normativa